
Co gallo desta conmemoración imos empezar unha actividade que convertirá aos alumn@s en libernautas navengando polo liberespazo. A cada nen@ entregouselle un carné de libernauta e elexíronse seis libros para ler. Leremolos en conxunto e cubriremos a tarxetiña. Cando estea chea irán á biblioteca a poñer o selo que os acredite como auténticos libernautas. Ademáis cada un terá o seu propio libro de libernauta.
As lecturas elexidas para 1º de Primaria foron:

Fai un ano morría o autor deste libro, un gran escritor e ilustrador de literatura infantil e xuvenil que encheu o universo infantil coas súas historias de monstros e soños. Moitos dos seus libros sitúanse agora dentro dos grandes clásicos da literatura para nenos.
Déixovos aquí un vídeo para lembrar a Maurice Sendak, no que podedes ver unha versión do conto "Donde viven los monstruos", que xa contamos na clase a semana pasada:
Aquí tamén vos deixo a versión en inglés:
Tamén podedes escoitar e divertirvos coa versión de "Vamos a cazar un oso": É moi interesante vela e escoitala no idioma no que foi escrita a historia orixinalmente, o inglés: