![]() |
Queres ser o meu amigo? |
![]() |
El Camaleón Camaleónico |
DEBUXOS CON LETRAS OU LETRAS CON DEBUXOS: OS CALIGRAMAS
Onte, por primeira vez, facendo o libro dos animais, no apartado de obradoiro de creación, escoitástedes a palabra CALIGRAMA. Quedástedes todos coa boca aberta. E nós imos facer iso? Non sabemos. Que é un caligrama? Iso soa moi raro. Nenos e nenas, sabemos xogar coas letras para crear palabras, xogamos coas palabras para facer oracións, xogamos coas oracións para crear historias e poemas, pero as letras tamén serven para debuxar. Un caligrama é poesía visual, a que nos entra polos ollos; poesía con forma, e nós somos capaces de facela.
Ensineivos uns exemplos de caligramas con animais e prometínvos que vos ía amosar máis. Ahí tedes unha mostra de como se debuxa a poesía:
Algúns destes caligramas pertencen ao libro La vaca ventilador y otros poemas para volar de Graciela Repún e Enrique Melantoni. Outros están xa feitos por nenos e nenas doutros coles.
Estou segura de que vos pareceron chulísimos. É unha maneira diferente de ler poesía. Seguro que vos encantará facelos vos. Queredes ver máis?