Para a segunda parte do proxecto, estase a tratar o tema da casa e da familia a través da lectura na aula do conto "O libro dos porcos" , un libro que intenta transmitir a importancia de educar sobre compartir as tarefas do fogar. Axúdanos a ensinar os roles dentro da familia e valorar o papel da muller. Os nen@s disfrutaron coa lectura e estamos a facer o noso propio libriño de reflexión sobre o tema que esperamos sexa de proveito.
Outra historia moi axeitada para concienciar aos nen@s da importancia que ten a colaboración nas tarefas domésticas é Unha feliz catástrofe, de Adela Turín.
Unha parte importante deste primeiro proxecto é a educación vial. É fundamental concienciar aos nen@s sobre a maneira máis segura de circular en bici, como ser un bo peón, empezar a coñecer o significado das distintas sinais de tráfico e algunhas normas de circulación básicas. Para iso fixemos unha excursión ao Parque de Educación Vial de Foz onde os nen@s visualizaron primeiro un vídeo explicativo dalgunhas destas normas e, despois, puideron poñelas en práctica no circuíto coas bicis.
Así foi a excursión dos nen@s de primeiro:
Unha boa maneira de aprender educación vial é xogando. Pois adiante nenos e nenas, a xogar!!!