Ademáis do Entroido, este é o mes do amor e da amizade. Dende o Primeiro Ciclo queremos adicar o que resta deste mes a traballar este sentimento tan fermoso e necesario nestes tempos. Concienciar aos nenos e nenas da importancia de dar e recibir amor e cariño.
Para iso retomaremos unha das actividades que máis lles gustaron aos nen@s o curso pasado: o recitado e dramatización de poemas, neste caso de amor, amizade, cariño....Escollerán uns poemas en galego e castelán, leranse na clase, ilustraranse, farannos seus e convertirannos en pequenos libros para a súa biblioteca de aula e, finalmente, cada curso recitará os seus preferidos ao outro curso.
Antonio García Teijeiro abre este libro con Bicos, bicos... e máis bicos, doce poemas que teñen en común o motivo dos bicos e a eufonía do xogo de palabras cun marcado ritmo musical que os volve perfectos para recitar e cantar en verso nas nosas dramatización poéticas.
¡Besos e achuchóns cargados de moito amor! Os nen@s de primeiro ilustraron as estrofas deste poemas que convertiron nun libro-corazón.
Os nen@s de segundo elexiron tamén para recitarnos/dramatizarnos algúns poemas de Carmen Gil:
Tamén lles encantou o divertido poema "El erizo y la eriza" de Gloria Fuertes, que traballamos e ilustramos na clase,
así como "Camiño das estrelas", pertencente ao fantástico libro-disco de música infantil A nena e o grilo, de Magín Blanco, formado por unha serie de contos musicados.

Lendo este fermoso e orixinal libro Besos que fueron y no fueron, chegados á páxina ...Como se cocina un beso, ocorréusenos propoñer aos nosos nen@s que escribisen receitas ou pócimas para conseguir o amor/amizade e así elaborar o noso Recetario do Amor.
Ademáis leremos na clase outros libros recomendados:
Tamén limos e escoitamos estas fermosas historias de El pez arcoiris, de Marcus Pfister, sobre a importancia da amizade, de compartir e axudar aos demáis.
e Elmer, de David Mcknee: