Repasamos o proxecto da alimentación "Como como" a través dalgúns xogos e actividades moi interesantes coas que disfrutaredes:
- Xogo da pirámide dos alimentos:
primeiroesegundo
Este é o blog do 1º ciclo do CEIP Pedro Caselles Rollán.
viernes, 31 de mayo de 2013
jueves, 16 de mayo de 2013
MONTÓNS DE ANIMAIS
Chegamos ao proxecto dos animais, polo que vos irei deixando aquí recursos para traballar na aula e na casa.
Crear textos sobre animais domésticos:
-Descripción de animais
- Lembra:
Aquí vedes como son os esqueletos de diferentes animais:
Xogamos cos animais
Crear textos sobre animais domésticos:
-Descripción de animais
- Lembra:
Aquí vedes como son os esqueletos de diferentes animais:
esqueleto dun mamífero: o can |
esqueleto dunha rá |
esqueleto dunha serpe |
esqueleto dun peixe |
esqueleto dunha ave |
- Os animais vertebrados clasifícanse en:
- Dependendo de como nacen poden ser:
Xogamos cos animais
viernes, 26 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO. LIBERNAUTAS
O 23 de abril é un día moi importante para a literatura mundial. Nesta data morreron dous grandes autores, Willian Shakespeare e Miguel de Cervantes, polo que se dicidiu celebrar o día internacional do libro como homenaxe a estes e a todas aquelas persoas que se adican a máxica labor de escribir.
Co gallo desta conmemoración imos empezar unha actividade que convertirá aos alumn@s en libernautas navengando polo liberespazo. A cada nen@ entregouselle un carné de libernauta e elexíronse seis libros para ler. Leremolos en conxunto e cubriremos a tarxetiña. Cando estea chea irán á biblioteca a poñer o selo que os acredite como auténticos libernautas. Ademáis cada un terá o seu propio libro de libernauta.
As lecturas elexidas para 1º de Primaria foron:
Fai un ano morría o autor deste libro, un gran escritor e ilustrador de literatura infantil e xuvenil que encheu o universo infantil coas súas historias de monstros e soños. Moitos dos seus libros sitúanse agora dentro dos grandes clásicos da literatura para nenos.
Déixovos aquí un vídeo para lembrar a Maurice Sendak, no que podedes ver unha versión do conto "Donde viven los monstruos", que xa contamos na clase a semana pasada:
Aquí tamén vos deixo a versión en inglés:
Tamén podedes escoitar e divertirvos coa versión de "Vamos a cazar un oso": É moi interesante vela e escoitala no idioma no que foi escrita a historia orixinalmente, o inglés:

domingo, 17 de febrero de 2013
Bicos, bicos e ... máis bicos
Ademáis do Entroido, este é o mes do amor e da amizade. Dende o Primeiro Ciclo queremos adicar o que resta deste mes a traballar este sentimento tan fermoso e necesario nestes tempos. Concienciar aos nenos e nenas da importancia de dar e recibir amor e cariño.
Para iso retomaremos unha das actividades que máis lles gustaron aos nen@s o curso pasado: o recitado e dramatización de poemas, neste caso de amor, amizade, cariño....Escollerán uns poemas en galego e castelán, leranse na clase, ilustraranse, farannos seus e convertirannos en pequenos libros para a súa biblioteca de aula e, finalmente, cada curso recitará os seus preferidos ao outro curso.
Antonio García Teijeiro abre este libro con Bicos, bicos... e máis bicos, doce poemas que teñen en común o motivo dos bicos e a eufonía do xogo de palabras cun marcado ritmo musical que os volve perfectos para recitar e cantar en verso nas nosas dramatización poéticas.
¡Besos e achuchóns cargados de moito amor! Os nen@s de primeiro ilustraron as estrofas deste poemas que convertiron nun libro-corazón.
Os nen@s de segundo elexiron tamén para recitarnos/dramatizarnos algúns poemas de Carmen Gil:
Tamén lles encantou o divertido poema "El erizo y la eriza" de Gloria Fuertes, que traballamos e ilustramos na clase,
así como "Camiño das estrelas", pertencente ao fantástico libro-disco de música infantil A nena e o grilo, de Magín Blanco, formado por unha serie de contos musicados.
Outra actividade que estamos a facer é unha Carta de Bicos, tomando como punto de partida para esta idea o libro Catálogo de besos. Para isto pedimos a colaboración das familias que terán que darlle forma, color e situación a todos os tipos de bicos que se nos ocurriron na clase, e foron moitísimos!!!! O mural está quedando xenial.
Lendo este fermoso e orixinal libro Besos que fueron y no fueron, chegados á páxina ...Como se cocina un beso, ocorréusenos propoñer aos nosos nen@s que escribisen receitas ou pócimas para conseguir o amor/amizade e así elaborar o noso Recetario do Amor.
Ademáis leremos na clase outros libros recomendados:
Tamén limos e escoitamos estas fermosas historias de El pez arcoiris, de Marcus Pfister, sobre a importancia da amizade, de compartir e axudar aos demáis.
e Elmer, de David Mcknee:
martes, 5 de febrero de 2013
CHEGA O ENTROIDO!
Esta semana estamos a preparar os disfraces para a festa do cole, o vindeiro venres día 8 de febreiro pola tarde. Cada curso irá disfrazado con algo relacionado co país que lle tocou traballar no proxecto da alimentación "Como como", e que xa se comezou no Día da Paz e o Dereito á Alimentación . Como sabedes os nen@s de primeiro estamos a traballar China e, por iso, decidimos elaborar uns disfraces de guías turísticos a través dos cales ensinaremos as marabillas deste país.
Aquí van enlaces a recursos e actividades sobre o Entroido:
viernes, 11 de enero de 2013
ACHÉGASE O DÍA DA PAZ
O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase nos coles o Día da Paz e da Non Violencia. Nesta ocasión decidiuse relacionalo co proxecto anual "Como como" polo que traballaremos o Dereito á Alimentación relacionado coa comida no mundo. Sumerxirémonos neste curso nos distintos SABORES DO MUNDO.
Cada curso ten que elexir un país e investigar as diferentes comidas do mesmo: comidas típicas dese país, comidas preferidas dos nenos, as súas costumes na mesa, diferenzas e similitudes con nós...
Ademais queremos compartir con vos algunhas curiosidades acerca dos países elexidos, as súas costumes, moeda, tradicións...
-As nenas e os nenos de primeiro imos coñecer CHINA.
A súa bandeira:
As súas comidas típicas:
- As nenas e os nenos de segundo viaxarán a Canadá.

Como é e onde está situada:
Todos diferentes, todos iguais:
A súa moeda, o YUAN:
O seu alfabeto:
As súas costumes e tradicións:
As súas comidas típicas:
- As nenas e os nenos de segundo viaxarán a Canadá.
lunes, 26 de noviembre de 2012
PROXECTO I: ORGANIZÁMONOS
Organizámonos no cole, na casa e na rúa.
Para a segunda parte do proxecto, estase a tratar o tema da casa e da familia a través da lectura na aula do conto "O libro dos porcos" , un libro que intenta transmitir a importancia de educar sobre compartir as tarefas do fogar. Axúdanos a ensinar os roles dentro da familia e valorar o papel da muller. Os nen@s disfrutaron coa lectura e estamos a facer o noso propio libriño de reflexión sobre o tema que esperamos sexa de proveito.
Outra historia moi axeitada para concienciar aos nen@s da importancia que ten a colaboración nas tarefas domésticas é Unha feliz catástrofe, de Adela Turín.
Unha parte importante deste primeiro proxecto é a educación vial. É fundamental concienciar aos nen@s sobre a maneira máis segura de circular en bici, como ser un bo peón, empezar a coñecer o significado das distintas sinais de tráfico e algunhas normas de circulación básicas. Para iso fixemos unha excursión ao Parque de Educación Vial de Foz onde os nen@s visualizaron primeiro un vídeo explicativo dalgunhas destas normas e, despois, puideron poñelas en práctica no circuíto coas bicis.
Así foi a excursión dos nen@s de primeiro:
E esta foi a excursión dos nen@s de segundo:
Unha boa maneira de aprender educación vial é xogando. Pois adiante nenos e nenas, a xogar!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)