miércoles, 29 de febrero de 2012

Aquí tedes un xogo de animais, non perdades o tempo ¡ a xogar!

OS ANIMAIS

Estes días comezamos a traballar os animais. Estamos aprendendo moitas cousas novas sobre eles: como se clasifican, como nacen, como son, como se moven, que comen...Pero ademais de todo isto, tamén hai tempo para o lecer. Entrade nestes vídeos e descubriredes historias moi fermosas:








Queres ser o meu amigo?

El Camaleón Camaleónico
DEBUXOS CON LETRAS OU LETRAS CON DEBUXOS: OS CALIGRAMAS

Onte, por primeira vez, facendo o libro dos animais, no apartado de obradoiro de creación, escoitástedes  a palabra CALIGRAMA. Quedástedes todos coa boca aberta. E nós imos facer iso? Non sabemos. Que é un caligrama? Iso soa moi raro. Nenos e nenas, sabemos xogar coas letras para crear palabras, xogamos coas palabras para facer oracións, xogamos coas oracións para crear historias e poemas, pero as letras tamén serven para debuxar. Un caligrama é poesía visual, a que nos entra polos ollos; poesía con forma, e nós somos capaces de facela.
Ensineivos uns exemplos de caligramas con animais e prometínvos que vos ía amosar máis. Ahí tedes unha mostra de como se debuxa a poesía:










Algúns destes caligramas pertencen ao libro La vaca ventilador y otros poemas para volar de Graciela Repún e Enrique Melantoni.  Outros están xa feitos por nenos e nenas doutros coles.
 Estou segura de que vos pareceron chulísimos. É unha maneira diferente de ler poesía. Seguro que vos encantará facelos vos. Queredes ver máis?





viernes, 24 de febrero de 2012

QUE É O AMOR?

O mes de febreiro no só é o mes do Entroido, do cocido, das orellas e das rosquillas, tamén é o mes do amor. Por iso, imos adicarlle un pequeno espazo a este sentimento tan importante. Que é para vos o amor? Mentres pensades.....Imos poñernos un pouquiño románticos. Para empezar, ahí vai un trabalinguas. A ver quen se atreve!

                    Como queres que te queira
                    se ti non queres querer?
                    Só se quere a quen quere.
                    Quen non queira dar cariño,
                    Como o van a querer?


O amor está por enriba de calquer guerra. Os nenos tamén. Aprendamos deles. Aprendamos a amar.




Descubramos entón máis cousiñas sobre o amor:

 

El color de los besos





  




Adivina cuánto te quiero

El viaje de un beso

 


 








martes, 14 de febrero de 2012

É momento de troula. Imos disfrutar destas festas de entroido por todo o alto.
Non esquezades mirar o meco para esta semana ó cole. E preparade o disfraz do deportista para o venres.
Esta é unha época de moita dulzaina, se queredes poñer as mans na masa aquí tedes algunha receita.

martes, 7 de febrero de 2012

UNHA VISITA ESPECIAL

O luns 16 de febreiro coñecimos a un xeólogo, Lluis, o papá dun alumno de 1º, que veu a visitarnos e falarnos da súa profesión: o mundo da xeoloxía. E como non, manipulamos e manipulamos instrumentos de traballo.
Vede aquí unha mostra deste día: