miércoles, 29 de febrero de 2012

OS ANIMAIS

Estes días comezamos a traballar os animais. Estamos aprendendo moitas cousas novas sobre eles: como se clasifican, como nacen, como son, como se moven, que comen...Pero ademais de todo isto, tamén hai tempo para o lecer. Entrade nestes vídeos e descubriredes historias moi fermosas:








Queres ser o meu amigo?

El Camaleón Camaleónico
DEBUXOS CON LETRAS OU LETRAS CON DEBUXOS: OS CALIGRAMAS

Onte, por primeira vez, facendo o libro dos animais, no apartado de obradoiro de creación, escoitástedes  a palabra CALIGRAMA. Quedástedes todos coa boca aberta. E nós imos facer iso? Non sabemos. Que é un caligrama? Iso soa moi raro. Nenos e nenas, sabemos xogar coas letras para crear palabras, xogamos coas palabras para facer oracións, xogamos coas oracións para crear historias e poemas, pero as letras tamén serven para debuxar. Un caligrama é poesía visual, a que nos entra polos ollos; poesía con forma, e nós somos capaces de facela.
Ensineivos uns exemplos de caligramas con animais e prometínvos que vos ía amosar máis. Ahí tedes unha mostra de como se debuxa a poesía:










Algúns destes caligramas pertencen ao libro La vaca ventilador y otros poemas para volar de Graciela Repún e Enrique Melantoni.  Outros están xa feitos por nenos e nenas doutros coles.
 Estou segura de que vos pareceron chulísimos. É unha maneira diferente de ler poesía. Seguro que vos encantará facelos vos. Queredes ver máis?