lunes, 26 de noviembre de 2012

PROXECTO I: ORGANIZÁMONOS

Organizámonos no cole, na casa e na rúa.
Para a segunda parte do proxecto, estase a tratar o tema da casa e da familia a través da lectura na aula do conto "O libro dos porcos" , un libro que intenta transmitir a importancia de educar sobre compartir as tarefas do fogar. Axúdanos a ensinar os roles dentro da familia e valorar o papel da muller.  Os nen@s disfrutaron coa lectura e estamos a facer o noso propio libriño de reflexión sobre o tema que esperamos sexa de proveito.







 Outra historia moi axeitada para concienciar aos nen@s da importancia que ten a colaboración nas tarefas domésticas é Unha feliz catástrofe, de Adela Turín.




Unha parte importante deste primeiro proxecto é a educación vial. É fundamental concienciar aos nen@s sobre a maneira máis segura de circular en bici, como ser un bo peón, empezar a coñecer o significado das distintas sinais de tráfico e algunhas normas de circulación básicas. Para iso fixemos unha excursión ao Parque de Educación Vial de Foz onde os nen@s visualizaron primeiro un vídeo explicativo dalgunhas destas normas e, despois, puideron poñelas en práctica no circuíto coas bicis.

Así foi a excursión dos nen@s de primeiro:


E esta foi a excursión dos nen@s de segundo:


Unha boa maneira de aprender educación vial é xogando. Pois adiante nenos e nenas, a xogar!!!







miércoles, 21 de noviembre de 2012

XOGOS PARA APRENDER

Nenos e nenas de primeiro, aquí tedes uns xogos de lectoescritura para repasar de forma divertida as letras que estamos a traballar na clase. Entrade e divertídevos xogando coas letras!!!!






       



Podedes atopar máis xogos clicando nos seguintes enlaces:





jueves, 1 de noviembre de 2012

BENVIDOS!

 Ola a todos e todas. Xa estamos de novo no cole comezando un novo curso. Temos as pilas recargadas e empezaremos con moita forza. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito este ano.
 Unha das actividades que preparamos para vós foi a celebración do Día dos Avós. Ademais de escribir unha tarxeta para un regalo moi especial, tamén tivemos a visita dalgúns avós que nos contaron como eran aqueles tempos da súa infancia, as súas escolas, a que xogaban, como vestían... e moitas outras cousas moi interesantes.
 Ásí foi, en imaxes, o noso Día dos Avós: