lunes, 26 de noviembre de 2012

PROXECTO I: ORGANIZÁMONOS

Organizámonos no cole, na casa e na rúa.
Para a segunda parte do proxecto, estase a tratar o tema da casa e da familia a través da lectura na aula do conto "O libro dos porcos" , un libro que intenta transmitir a importancia de educar sobre compartir as tarefas do fogar. Axúdanos a ensinar os roles dentro da familia e valorar o papel da muller.  Os nen@s disfrutaron coa lectura e estamos a facer o noso propio libriño de reflexión sobre o tema que esperamos sexa de proveito.







 Outra historia moi axeitada para concienciar aos nen@s da importancia que ten a colaboración nas tarefas domésticas é Unha feliz catástrofe, de Adela Turín.




Unha parte importante deste primeiro proxecto é a educación vial. É fundamental concienciar aos nen@s sobre a maneira máis segura de circular en bici, como ser un bo peón, empezar a coñecer o significado das distintas sinais de tráfico e algunhas normas de circulación básicas. Para iso fixemos unha excursión ao Parque de Educación Vial de Foz onde os nen@s visualizaron primeiro un vídeo explicativo dalgunhas destas normas e, despois, puideron poñelas en práctica no circuíto coas bicis.

Así foi a excursión dos nen@s de primeiro:


E esta foi a excursión dos nen@s de segundo:


Unha boa maneira de aprender educación vial é xogando. Pois adiante nenos e nenas, a xogar!!!







miércoles, 21 de noviembre de 2012

XOGOS PARA APRENDER

Nenos e nenas de primeiro, aquí tedes uns xogos de lectoescritura para repasar de forma divertida as letras que estamos a traballar na clase. Entrade e divertídevos xogando coas letras!!!!






       



Podedes atopar máis xogos clicando nos seguintes enlaces:





jueves, 1 de noviembre de 2012

BENVIDOS!

 Ola a todos e todas. Xa estamos de novo no cole comezando un novo curso. Temos as pilas recargadas e empezaremos con moita forza. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito este ano.
 Unha das actividades que preparamos para vós foi a celebración do Día dos Avós. Ademais de escribir unha tarxeta para un regalo moi especial, tamén tivemos a visita dalgúns avós que nos contaron como eran aqueles tempos da súa infancia, as súas escolas, a que xogaban, como vestían... e moitas outras cousas moi interesantes.
 Ásí foi, en imaxes, o noso Día dos Avós:





miércoles, 13 de junio de 2012

AS NOSAS VIAXES

Entre tantas viaxes tivemos unha visita especial para adentrarnos máis no mundo saharaui. Todos puidemos disfrutar dunha nova visión do Sáhara máis cercana a través da charla de Pepe e Luisa, os avós de Helena Deán, que coñecen de primeira man como se vive nunha "jaima". Deixámosvos aquí algunhas fotos para recordalo.

Non esquezades nunca o ritual do té: o amargo, como a vida;
dulce como o amor; e suave como a morte.





Recordade que todos nós tamén podemos mira co corazón.

sábado, 5 de mayo de 2012

O NOSO CORPO

Estamos traballando o corpo, para coñecelo, aceptalo e coidalo.


-¿COMO  NACEMOS?

-AS NOSAS PARTES.

-OS CINCO SENTIDOS

_OS NOSOS COIDADOS:

      

miércoles, 2 de mayo de 2012

OS NOSOS CONTOS

No mes de maio os contos populares chegan á nosa escola. Aquí temos algúns deles. Esperamos que sexan do voso agrado.




miércoles, 7 de marzo de 2012

AS NOSAS AMIGAS AS PLANTAS



 Esta semana comezamos a falar un pouquiño das plantas. Onte estivemos no xardín do cole para coñecelas e averiguar cousas delas sobre o terreno, "in situ". Tomastes moitas notas e aprendistes moito. Agora é tempo de reflexionar, de ver e de escoitar outras cousiñas sobre as plantas. Fixádevos ben nestes vídeos:



FLORES









Aquí tedes o enlace ao conto "El árbol que no tenía hojas". 

domingo, 4 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER 2012

O Día Internacional da Muller celébrase o  8 de marzo e está recoñecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en  igualdade co home, na sociedade. Para traballalo na clase de xeito divertido, aínda que é un tema moi serio, imos escoitar e ler un fermoso conto de dúas tortugas namoradas. Queredes saber o que lles pasou? Pois esta é a historia de Arturo e Clementina.

Un hermoso día de primavera Arturo y Clementina,
dos jóvenes y hermosas tortugas se conocieron al borde de un estanque, y ...







Ademáis aquí tedes unha nova versión do conto Carapuchiña Vermella que ten como protagonista a unha nena bastante espalidada.



Aqui tedes tamén outro conto de fadas. A verdadeira historia de Cincenta e seu príncipe "marabilloso":




miércoles, 29 de febrero de 2012

Aquí tedes un xogo de animais, non perdades o tempo ¡ a xogar!

OS ANIMAIS

Estes días comezamos a traballar os animais. Estamos aprendendo moitas cousas novas sobre eles: como se clasifican, como nacen, como son, como se moven, que comen...Pero ademais de todo isto, tamén hai tempo para o lecer. Entrade nestes vídeos e descubriredes historias moi fermosas:








Queres ser o meu amigo?

El Camaleón Camaleónico
DEBUXOS CON LETRAS OU LETRAS CON DEBUXOS: OS CALIGRAMAS

Onte, por primeira vez, facendo o libro dos animais, no apartado de obradoiro de creación, escoitástedes  a palabra CALIGRAMA. Quedástedes todos coa boca aberta. E nós imos facer iso? Non sabemos. Que é un caligrama? Iso soa moi raro. Nenos e nenas, sabemos xogar coas letras para crear palabras, xogamos coas palabras para facer oracións, xogamos coas oracións para crear historias e poemas, pero as letras tamén serven para debuxar. Un caligrama é poesía visual, a que nos entra polos ollos; poesía con forma, e nós somos capaces de facela.
Ensineivos uns exemplos de caligramas con animais e prometínvos que vos ía amosar máis. Ahí tedes unha mostra de como se debuxa a poesía:










Algúns destes caligramas pertencen ao libro La vaca ventilador y otros poemas para volar de Graciela Repún e Enrique Melantoni.  Outros están xa feitos por nenos e nenas doutros coles.
 Estou segura de que vos pareceron chulísimos. É unha maneira diferente de ler poesía. Seguro que vos encantará facelos vos. Queredes ver máis?